Revista Galega de Economía (Sep 2021)
Consumo turístico durante o Camiño de Santiago. O Camiño Nós como ruta alternativa de peregrinación a Santiago
Abstract
O Camiño de Santiago a través das súas diferentes rutas continúa a ser un dos principais reclamos turísticos de Galicia. Xa sexa por motivación relixiosa ou doutro tipo, cada ano seguen chegando a Santiago gran número de peregrinos, converténdose o Camiño nunha grande oportunidade turística para os concellos que están ao seu paso. Este estudo analiza o consumo turístico durante a realización do Camiño e as expectativas antes da súa realización e, de modo secundario, o coñecemento de novas rutas para chegar a Santiago que van máis aló das máis convencionais, en concreto o Camiño Nós, podendo así obter unha maior vertebración do territorio galego como parte da experiencia do Camiño. Óptase por unha investigación cuantitativa vía enquisa, cunha mostra de 198 individuos. Os resultados indican que a principal motivación para facer o Camiño é o lecer, e que en función da variable idade son tres os grupos diferenciados de consumo. Ademais, a pesar da actual situación de pandemia mundial, unha porcentaxe significativa da mostra realizou o Camiño no último ano (17,3%).
Keywords