Ad Limina (Jul 2010)

Novas investigacións sobre a historia da construción da catedral de Santiago de Compostela

  • Bernd Nicolai ,
  • Klaus Rheidt

DOI
https://doi.org/10.61890/adlimina/1.2010/20
Journal volume & issue
Vol. 1
pp. 53 – 79

Abstract

Read online

Un proxecto interdisciplinar da BTU Cottbus (Alemaña) e a Universidade de Berna (Suíza) está analizando a construción da catedral románica de Santiago de Compostela. o profundo estudo da construción a través dun exacto levantamento planimétrico dos muros e dun completo traballo de documentación da escultura permitiu coñecer diversas modificacións na arquitectura e no programa escultórico ocasionadas por cambios substanciais no anteproxecto. Este traballo deixa constancia de varios cambios anteriores á consagración do ano 1211, particularmente na cripta, o Pórtico da Gloria e a tribuna occidental. Así mesmo, anticípanse outros resultados dun proxecto que reconstrúe a forma primitiva da catedral medieval e as modificacións posteriores, investiga o anteproxecto e os diferentes conceptos arquitectónicos nos cales se basearon as remodelacións posteriores, e analiza as distintas fases da construción en relación co desenvolvemento tipolóxico das igrexas de peregrinación románicas.

Keywords