Revista Galega de Economía (Mar 2015)

Estudo exploratorio sobre expectativas, gobernanza e rendemento nas redes de investigación de Galicia

  • Patricia Somorrostro López,
  • José Cabanelas Omil,
  • Pablo Cabanelas Lorenzo

DOI
https://doi.org/10.15304/rge.23.2.2487
Journal volume & issue
Vol. 23, no. 2

Abstract

Read online

As redes rexionais de investigación teñen un papel destacado na creación de coñecemento científico e na innovación, actividades clave na realidade económica moderna. Este artigo analiza as expectativas dos grupos de investigación e explora a incidencia da gobernanza no rendemento das redes de investigación mediante unha análise que inclúe datos de once redes públicas de investiga-ción, integradas por 83 grupos de investigación en Galicia. A investigación mostra que as redes satis-fán as expectativas dos grupos que nelas participan, especialmente en termos de resultados, e que existe unha serie de factores de gobernanza asociados positivamente ao rendemento. Entre as impli-cacións derivadas destes achados destacan a necesidade de impulsar lazos fortes entre os grupos de investigación na rede, a articulación de acordos de equidade e o establecemento de mecanismos de avaliación na rede. Aínda que tamén se identifican outros factores que inflúen de forma negativa no rendemento da rede, fundamentalmente a excesiva centralidade e a intermediación duns grupos de investigación sobre outros.

Keywords