Revista Galega de Economía (Dec 2018)
A ESTRUTURA ESPACIAL DE GALICIA. ANÁLISE A PARTIR DO CÁLCULO DOS POTENCIAIS DE MERCADO A NIVEL COMARCA, 1991-2016
Abstract
Neste artigo analízase a distribución espacial da actividade económica nas comarcas de Galicia a través do cálculo do potencial de mercado de Harris (1954) e os índices de Gini e curvas de Lorenz asociadas. Os resultados da análise amosan un claro patrón centro-periferia na distribución da actividade económica que no caso de Galicia convértese nun patrón occidenteoriente. Este patrón ten unha alta coincidencia co trazado que debuxa a autoestrada A-9 que atravesa Galicia de norte a sur, dende Ferrol na parte noroccidental de Galicia na provincia de A Coruña, a Vigo na parte suroccidental na provincia de Pontevedra. Esta área que comunmente se coñece como a dorsal atlántica é a área que, excluíndo as cidades de Lugo e Ourense, concentra un maior dinamismo tanto en termos de actividade económica como en relación coa concentración de poboación.
Keywords