Ad Limina (Jul 2019)
O escultor Francisco Asorey e o Pórtico da Gloria
Abstract
Francisco Asorey pertence a unha xeración de artistas que se formou no modernismo-simbolismo e que polo tanto teñen unha maior preocupación polo contido e o espírito da obra artística. As súas referencias artísticas van estar na arte do pasado, que para o caso galego se centra na arte medieval en xeral e no Pórtico da Gloria en particular. E isto debido a motivos estéticos, simbólicos e tamén políticos que teñen que ver coa pertenza de moitos artistas desta época ao movemento nacionalista das Irmandades da Fala. A pegada do Mestre Mateo na obra de Asorey é intensa e neste artigo téntase repasar esta presenza nas súas obras. As ideas que se expoñen proceden en boa parte da tese de doutoramento presentada pola autora na Universidade de Santiago de Compostela en marzo de 2016.
Keywords