Revista Galega de Economía (Oct 2016)

AVALIACIÓN DAS POLÍTICAS ACTIVAS DE EMPREGO EN ANDALUCÍA

  • Miguel BLANCO CANTO

DOI
https://doi.org/10.15304/rge.25.1.3658
Journal volume & issue
Vol. 25, no. 1

Abstract

Read online

O obxectivo principal desta investigación é a realización dun estudo comparativo da eficiencia e produtividade das Políticas Activas de Emprego (PAE) desenvolvidas na Comunidade Autónoma de Andalucía durante o período 2006-2011 a través do modelo DEA e o índice de produtividade de Malmsquist. Para a súa realización definíronse oito DMU correspondentes a cada unha das provincias da Comunidade. Desta maneira fixouse a posición de cada unha delas con respecto á fronteira de eficiencia. Os resultados amosan diferenzas significativas no grao de eficiencia e produtividade de cada DMU, as cales son consecuencia de diferenzas significativas na realidade económica e social de cada unha das zonas obxecto do estudo en canto a estrutura económica, demográfica, social e do mercado de traballo, evidenciando diferenzas na capacidade de xerar emprego en cada un dos territorios. O estudo completouse cunha análise das relacións entre variables territoriais, concluíndo coa necesidade de planificar e xestionar as PAE de acordo coas características endóxenas de cada territorio.

Keywords