Cadernos de Fraseoloxía Galega (Jan 2012)

O encontro e o desencontro expresado a través dos fraseoloxismos do campo cognitivo FALAR

  • Claudia Herrero Kaczmarek

Journal volume & issue
no. 13
pp. 177 – 190

Abstract

Read online

O obxecto deste traballo é a análise e o estudo contrastivo alemán-español das imaxes conceptuais do campo cognitivo FALAR. O artigo pretende centrarse especialmente naqueles fraseoloxismos que están relacionados co principio colaborador de Grice (1975:45) e o seu cumprimento ou non dentro da comunicación. A fonte principal do material idiomático é o corpus cognitivo do proxecto de investigación do grupo FRASESPAL, que está clasificado en subcampos e, para elaboralo, seguiuse unha metodoloxía indutiva e unha análise no marco da teoría comunicativa dos actos de fala e da lingüística cognitiva. Convén destacar que son especialmente numerosos os fraseoloxismos que mostran que o principio colaborador foi transgredido, o que confirma a tendencia na fraseoloxía a destacar e dar maior expresividade ó negativo. Isto é observable en ámbalas dúas linguas. Tamén encontramos outras similitudes como imaxes conceptuais idénticas ou moi parecidas. Neste punto, non obstante, hai que considerar con máis vagar os fraseoloxismos de ámbalas dúas linguas, xa que existen varios falsos amigos. A presenza de imaxes conceptuais similares pode levar a pensar que ámbalas dúas unidades posúen un mesmo significado, cando non sempre é así. Por esta razón, o coñecemento destes falsos amigos será de grande importancia tanto para a tradución coma para o ensino de linguas estranxeiras. // The purpose of this paper is the analysis and contrastive study of the conceptual images in German and Spanish of the cognitive field TO TALK. The article aims to focus especially on those idioms that are related to Grice’s cooperative principle (1975:45). Some of these idioms show compliance to this principle whereas others do not. The main source of the linguistic material is the FRASESPAL corpus. This cognitive corpus is classified into different subfields. We followed the inductive methodology and analysis in the context of the communicative theory of speech acts and cognitive linguistics. It should be noted that there are many idioms showing the transgressions of the collaborative principle. This is observable in both languages and confirms the trend in phraseology to emphasize the negative. Although there are more similarities such as the same conceptual images, we have to be careful and watch for false friends. The fact that two or more idioms have/share a similar picture can lead us to assume that than the meaning is the same, but this is not always like that. Therefore it is important to know these false friends well, because this knowledge will be useful for the translation and the teaching of foreign languages.

Keywords