Revista Galega de Economía (Nov 2016)

DINÁMICA DA EFICIENCIA TÉCNICA E INTERNACIONALIZACIÓN NO SECTOR QUÍMICO ESPAÑOL

  • Albert-Pol Miró Pérez

DOI
https://doi.org/10.15304/rge.25.2.3730
Journal volume & issue
Vol. 25, no. 2

Abstract

Read online

O obxectivo principal deste traballo é analizar a eficiencia técnica do sector químico español. Para iso, vaise seguir o enfoque non-paramétrico coñecido como o método da Análise Envolvente de Datos (DEA) para avaliar os niveis de eficiencia e o peso relativo do sector na economía. Así mesmo, vaise estimar a converxencia da eficiencia técnica (ET) para cada unha das diferentes Comunidades Autónomas obxecto de estudo, así como, a relación causal existente entre a potenciación do mercado internacional con respecto á variable ET. Neste documento avalíase o desempeño dunha mostra de 410 empresas pertencentes ao sector químico para o período 2007-2011. A base de datos elabórase a partir dos microdatos extraídos da Bureau van Dijk Electronic Publishing (BvDP). Os resultados obtidos recoñecen a existencia de elevados niveis de eficiencia no sector, o que permite afirmar que resulta ser un sector económico competitivo e eficiente en todos os anos da mostra.

Keywords