Cuadernos de Estudios Gallegos (Dec 2005)

Etnoarqueoloxia e Microhistoria dunha paisaxe cultural: a parroquia de San Pedro de Cereixa (Pobra de Brollón, Lugo)

  • Xurxo M. Ayán Vila

DOI
https://doi.org/10.3989/ceg.2005.v52.i118.92
Journal volume & issue
Vol. 52, no. 118
pp. 117 – 172

Abstract

Read online

[gl] Este artigo recolle a análise arqueohistórica do proceso de conformación dunha paisaxe cultural a escala local, como é a parroquia de S. Pedro de Cereixa (Pobra de Brollón, Lugo). Partindo da Arqueoloxía da Paisaxe reconstruímo-las diferentes estratexias de construcción do espacio social empregadas polas sucesivas formacións socioculturais que ocuparon a zona dende a Prehistoria Recente deica a actualidade. Na segunda parte achegámonos ó patrón de racionalidade manexado pola comunidade campesina que construíu e dotou de sentido á paisaxe rural tradicional. Para acadar este obxectivo, desenvolvemos unha aproximación interdisciplinar coa angueira de maximizar tanto as aportacións de diferentes tendencias historiográficas (Historia Rural, Antropoloxía Histórica, Microhistoria) como a potencialidade da utilización conxunta de diversas ferramentas metodolóxicas, nomeadamente o baldeirado de fontes documentais secundarias, a enquisa etnográfica, a análise iconográfica e a Historia Oral.

Keywords