Cadernos de Fraseoloxía Galega (Jan 2015)

Perífrases verbais con valor deóntico no discurso paremiolóxico: unha perspectiva diacrónica / Verbal periphrasis with a deontic meaning in paroemiologic discourse: a diachronic overview

  • Patricia Fernández Martín

Journal volume & issue
no. 16
pp. 61 – 92

Abstract

Read online

O obxectivo do traballo é afondar no estudo diacrónico das perífrases verbais máis comúns do castelán con valor deóntico (haber de + infinitivo, haber que + infinitivo, tener que + infinitivo, deber [de] + infinitivo e poder + infinitivo), empregando como base textual diversas recadádivas paremiolóxicas (Los refranes que dizen las viejas tras el fuego, atribuído ao Marqués de Santillana; o Vokabulario de Refranes i Frases Proverbiales i otras Formulas komunes de la lengua castellana de Correas e o Refranero Multilingüe do Instituto Cervantes). Para iso, nunha primeira fase ofrecemos as premisas metodolóxicas baseadas en tres pilares teóricos: a paremia como texto (corpus lingüístico), as perífrases deónticas como obxecto de estudo e a filosofía moral como ferramenta de análise taxonómica. Na segunda parte do artigo faise un estudo lingüístico das perífrases segundo o método da gramática histórica: primeiramente, ofrécense os datos pertinentes sobre cada unha das obras, dende unha perspectiva sincrónica; e, a continuación, estúdanse as relacións entre as paremias con perífrases dende unha perspectiva diacrónica. As principais conclusións resaltan a relevancia das paremias para coñecer en maior profundidade a historia da nosa lingua, entre outros motivos, porque estas constitúen un xénero textual que permite unha comparación diacrónica nos diversos estadios do idioma. // The aim of this paper is to broaden the diachronic study of the most common Spanish verbal periphrases with a deontic meaning (haber de + infinitivo, haber que + infinitivo, tener que + infinitivo, deber [de] + infinitivo e poder + infinitivo), with a textual basis of various paroemiologic compilations (Los refranes que dizen las viejas tras el fuego, attributed to Marqués de Santillana; Vokabulario de Refranes i Frases Proverbiales i otras Formulas komunes de la lengua castellana by Correas; and Refranero Multilingüe by the Instituto Cervantes). To carry on this study, we offer in the first part the methodological assumptions based on three theoretical pillars: paroemia as a text (linguistic corpus), deontic periphrases as the object of study, and moral philosophy as a tool for taxonomic analysis. In the second part of the article, we carry on a linguistic study of the periphrases according to the method of historical grammar. Here, we first provide relevant data about each text from a synchronic perspective, and then explore the relationships among paroemias with periphrases from a diachronic point of view. The main conclusions highlight the relevance of paroemias in order to know more about the history of the Spanish language, among other reasons, because these conclusions form a genre that allows a textual comparison through several stages of the language.

Keywords