Cadernos de Fraseoloxía Galega (Dec 2004)
O concepto correspondencia na tradución paremiolóxica
Abstract
A tradución de paremias ou enunciados sentenciosos supón un atranco para moitos tradutores, motivado xeralmente por ter unha escasa competencia paremiolóxica e non aplica-lo procedemento tradutolóxico máis axeitado en función da natureza destas unidades lingüísticas. Dado que no proceso da tradución paremiolóxica resulta importante o concepto correspondencia, o presente traballo céntrase no devandito concepto e ilustra as explicacións con paremias de procedencia xeográfica moi variada, aínda que a maioría veñen principalmente das linguas romances. // The translation of paremias or pithy statements is a handicap for many translators. It is generally due to a limited paremiological competence and the use of an inappropriate translation process according to the nature of these linguistic units. Since the concept “correspondence” is important in the paremiological translation process, this study is focussed on such concept. The explanations are illustrated with paremias from different geographical origins, although most of the examples are taken from Romance languages