Revista Galega de Economía (Mar 2015)

El sistema público de pensiones

  • Jaime López Golpe,
  • Adela Reig Botella

DOI
https://doi.org/10.15304/rge.23.1.2460
Journal volume & issue
Vol. 23, no. 1

Abstract

Read online

Este traballo trata sobre o sistema público de pensións en España e en Galicia. Desde o acordo do ano 1995 sobre os problemas estruturais da Seguridade Social, asináronse catro acordos máis sobre pen-sións nos anos 1996, 2001, 2006 e 2011. A separación de fontes de financiamento xunto co fondo de reser-va fan que o sistema veña mantendo superávits. O acordo do ano 2011 xerou unha ampla expectación po-lo seu significado material e polas súas repercusións políticas, con independencia da análise do seu conti-do. España está a 2,5 puntos do PIB en gasto de pensións da media europea. Polo que respecta ás pensións en Galicia, no ano 2010 o índice de dependencia do sistema público de pensións foi do 25,8%, fronte ao 18,2% da media do Estado, un diferencial de máis de sete puntos. O diferencial negativo da pensión en Ga-licia é progresivamente crecente: no ano 1990 a pensión media galega representaba o 87% da española, no ano 2010 xa só equivale ao 84%. O sistema contributivo é deficitario en Galicia: os ingresos por cotas non cobren os pagamentos das pensións; no ano 2009, a relación entre recadación e pagamentos tivo un saldo negativo de 1.669 millóns de euros.

Keywords