Revista Galega de Economía (Mar 2015)

Termas de Portugal, grado de madurez de la calidad percibida por los gestores. Estudio empírico

  • José Álvarez García,
  • José Antonio Fraiz Brea,
  • María de la Cruz del Río Rama

DOI
https://doi.org/10.15304/rge.23.1.2462
Journal volume & issue
Vol. 23, no. 1

Abstract

Read online

Neste artigo expóñense os resultados do estudo cuxo obxectivo é identificar as motivacións que impulsarían ás termas de Portugal a implantar e certificar un Sistema de Xestión de Calidade (SXC), coñe-cer os beneficios que perciben que obterían desa implantación, así como analizar o grao de madureza na xestión da calidade destas na actualidade. A metodoloxía de traballo consiste nunha análise descritiva xunto cunha análise factorial que nos permitirán validar as escalas de medida. A poboación obxectivo son as termas de Portugal, pertencentes á Asociación Termas de Portugal (ATP), cunha poboación obxecto de estudo de 32 termas activas. Os resultados obtidos indican que as motivacións máis importantes que im-pulsarían ás termas a implantar un SXC son de índole interna (mellorar os procesos e os procedementos in-ternos, o control e a eficiencia da empresa e servir de base para a Xestión da Calidade Total). Os principais beneficios que esperan obter son ofertar servizos de máis calidade, mellorar as vendas e incrementar a conciencia de calidade dos empregados. Nos factores críticos analizados, as termas de Portugal presentan un nivel de implantación ou un grao de madureza superior ao 70%.

Keywords