Cadernos de Fraseoloxía Galega (May 2022)
Cuestións de variación fraseolóxica diatópica entre Cuba e Canarias / Questions of diatopic phraseological variation between Cuba and the Canary Islands
Abstract
O obxectivo fundamental deste traballo é ofrecer algunhas reflexións con respecto á variación diatópica estrutural e semántica nas coincidencias fraseolóxicas actuais entre Cuba e Canarias. O tema inscríbese nunha liña investigadora centrada no campo da presenza lingüística canaria na cultura oral cubana, que se leva desenvolvendo con éxito na rexión central de Cuba desde hai máis de 20 anos e que se insire actualmente no campo de investigación do Grupo de Estudos da Fraseoloxía de Cuba (GEFRASCU), fundado no país en época recente. O artigo presta atención á importancia da variación diatópica nas relacións fraseolóxicas entre ambas as rexións da comunidade hispanofalante. Para iso emprégase información fraseolóxica e fraseográfica de ambas as rexións hispanofalantes; e, a partir do método contrastivo, sistematízanse e exemplifícanse diversos tipos de variación diatópica e variación semántica, e achéganse consideracións interesantes sobre a posibilidade de sistematización da variación diatópica e a importancia das coincidencias lingüísticas por canto demostran a continuidade histórica e cultural entre dúas identidades culturais compartidas.