Revista Galega de Economía (Dec 2019)

Avaliación do impacto do Programa Fondo Tecnolóxico 2007-2013 en Galicia: resultados, concentración das axudas e fugas de recursos

  • Diego Sande Veiga,
  • Xavier Vence Deza

DOI
https://doi.org/10.15304/rge.28.3.5926
Journal volume & issue
Vol. 28, no. 3

Abstract

Read online

Avalíase o impacto en Galicia da implementación do Programa Operativo para e polo beneficio da I+D+i empresarial-Fondo Tecnolóxico 2007-2013, que constituíu un instrumento singular das políticas de innovación financiado polos Fondos Estruturais da Unión Europea e dirixido ás comunidades autónomas españolas do Obxectivo Converxencia da Unión Europea. A través da análise proposta trátase de identificar o impacto deste Programa plurianual –que mobilizou un importante volume de recursos e cuxa execución se estende ata 2015– na evolución do Sistema Galego de Innovación. Con ese fin analízanse os diferentes tipos de medidas e actuacións financiadas e o seu impacto nos principais indicadores de innovación (creación de capacidades, gasto en investigación e desenvolvemento, solicitude de patentes, persoal en investigación e desenvolvemento, infraestruturas, redes de colaboración, etc.), contrastando os obxectivos perseguidos e os resultados observados. Tamén se analizan aspectos institucionais e organizacionais que inciden no deseño, implementación e xestión das medidas e a súa posible incidencia nos seus efectos (fugas de recursos, dificultades de vertebración, concentración das actividades innovadoras nun número limitado de axentes, etc.). As conclusións extraídas permiten formular recomendacións para o deseño e implementación no territorio doutras políticas de investigación, desenvolvemento e innovación. Palabras

Keywords