Revista Galega de Economía (Oct 2012)
Que futuro para o euro?
Abstract
A crise do euro fíxose visible tras o estoupido das turbulencias nos mercados finan-ceiros durante o verán de 2007. A crise global deixou en interdito algúns dos dogmas mantidos polos defensores do capitalismo libertario, como a eficiencia dos mercados financeiros. A dife-renza do que ocorreu en EE.UU., onde houbo diversas quebras bancarias, a Unión Europea tomou medidas de recapitalización do sector bancario, estimulou a economía con medidas fis-cais e con axudas a empresas e familias, e construíu un armazón institucional para mellorar o marco regulador e de supervisión financeira. A crise bancaria e financeira foi seguida, como de costume, dunha crise de débeda. Nos sucesivos cumios europeos dos anos 2010 e 2011 acele-rouse a constitución de fondos e de mecanismos de rescate para financiar os países en dificul-tades, e evitar así o efecto contaxio. A atención política focalizouse neses fondos, encubriu a natureza política da crise e ocultou os desequilibrios dos tipos de cambio e da balanza de pa-gamentos na eurozona. A súa corrección require transferencias de capital a través do orzamen-to europeo cara aos países periféricos, desvalorizacións internas nos países periféricos e reva-lorizacións internas nos países centrais, e sobre todo en Alemaña.
Keywords