Linguamática (Jul 2016)

Editorial

  • Alberto Simões,
  • José João Almeida,
  • Xavier Gómez Guinovart

Journal volume & issue
Vol. 8, no. 1

Abstract

Read online

Con este número chegamos ao oitavo ano de Linguamática, un fito que logramos atinxir grazas á implicación e axuda de todo o equipo de colaboradores da revista. Autores, revisores e editores logramos cada semestre encher de contidos relevantes este espazo de divulgación científica concibido para a comunidade do PLN no ámbito lingüístico e cultural da Península Ibérica. O labor non é doado, pois non é pouca a presión das autoridades académicas e políticas para favorecer as publicacións en lingua inglesa, en editoriais estranxeiras e en revistas catalogadas consonte estes principios subordinantes e ben pouco favorábeis a valorar axeitadamente a actividade científica orientada ao desenvolvemento das nosas propias comunidades lingüísticas, culturais e nacionais. Precisamente por estas razóns, celebramos aínda con máis orgullo a saída do prelo de Linguamática e agradecemos con maior agarimo o traballo desinteresado de todas as persoas que semestre a semestre xuntan os seus esforzos entusiastas para conseguir unha publicación científica digna escrita nas nosas linguas e cada vez máis recoñecida, indexada e citada no ámbito das tecnoloxías das linguas ibéricas.