Revista Galega de Economía (Oct 2012)

Os desequilibrios por conta corrente e a crise na eurozona

  • Isidro Frías Pinedo,
  • Rosario Díaz Vázquez,
  • Ana Iglesias Casal

DOI
https://doi.org/10.15304/rge.21.Extra.427
Journal volume & issue
Vol. 21, no. Extra

Abstract

Read online

Neste traballo estudamos os factores que determinan a sostibilidade dos déficits co-rrentes na área euro e a súa vinculación coa crise, centrándonos en especial en España. A estimación das ecuacións de comercio exterior españolas mostran unha situación sostible dos déficits que poderían terse alcanzado diminuíndo o diferencial de crecemento entre España e os seus socios, especialmente a través de dúas vías: en primeiro lugar, cunha actuación concertada na Unión Monetaria Europea (UME) que aumentase a demanda agregada nos países centrais por riba dos periféricos, aliviando as presións da crise; e, en segundo lugar, cunha redu-ción do compoñente procíclico introducido polas variables monetarias e crediticias.

Keywords