Revista Galega de Economía (Dec 2015)
APLICACIÓN DA ANÁLISE CUSTO-BENEFICIO PARA A AVALIACIÓN EX-POST DA POLÍTICA PÚBLICA AGRARIA: INTERVENCIÓNS DOS FONDOS ESTRUTURAIS PARA O PERÍODO 2000-2008 EN ESPAÑA
Abstract
O obxectivo deste estudo é realizar unha análise ex-post e cuantificar o impacto económico das intervencións do Obxectivo 1 dos Fondos Estruturais para o período 2000 – 2008 en España. A análise céntrase no impacto económico e na análise financeira do: 7. Programa de Desenvolvemento Agrario. Este artigo usa o modelo de análise custobeneficio (ACB) para estudar estas intervencións para ese período en España. O beneficio económico neto do programa amosa que todos os programas son viables a nivel de España e a nivel rexional. Este estudo proba a utilidade da ACB.
Keywords