Cadernos de Fraseoloxía Galega (Jan 2019)

Marzo, iguarzo. Achega aos refráns mínimos galegos / Marzo, iguarzo. Contribution to Galician minimal proverbs

  • Joan Fontana i Tous

Journal volume & issue
no. 19
pp. 47 – 70

Abstract

Read online

Este artigo céntrase nos refráns mínimos galegos, é dicir, nas unidades paremiolóxicas con sentido pleno, formuladas ás veces con verbo explícito e outras, elidido, que se expresan co mínimo número posible de compoñentes. No caso do galego, fomos quen de atopar setenta e oito refráns mínimos compostos por dous únicos elementos. En primeiro lugar, analizamos e dividimos estes refráns en diversos apartados: meses do calendario (concretamente, xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xuño, agosto e setembro), de cariz moral (capítulo en que destacan os que aluden de maneira despectiva ao casamento), gastronómicos e con topónimo. O artigo complétase cun Apéndice que intenta presentar claramente o corpus de estudo a través da ordenación alfabética de todos os refráns analizados, así como da presentación das diferentes variantes recollidas. Neste sentido, coidamos que a información contida no Apéndice pode resultarlles útil aos investigadores que desexen profundar neste peculiar tipo de paremias galegas. // This article is about minimal Galician proverbs. Whether with an explicit or an elided verb, they all retain their paremiological meaning. In the Galician language, we found seventy-eight proverbs with two elements. We analysed and classified these sayings into the following categories: by months of the year (January, February, March, April, May, June, August and September), by moral character (highlighting the proverbs referring to weddings with contempt), by gastronomy and by toponymy. The article is completed with an Appendix presenting the corpus of all the analysed proverbs in alphabetical order, with all their other variations. In this regard, we think that the information contained in the Appendix might be useful for researchers who wish to know more about these peculiar proverbs.

Keywords