Recursos Rurais (Jul 2024)

Análise da flora vascular da Senda da Pedra Santa (Tui, NO Ibérico) ao seu paso polos ríos Louro e Lagartón

  • Nerea Cazás Fraga

DOI
https://doi.org/10.15304/rr.id10046
Journal volume & issue
no. 20

Abstract

Read online

Para valorar o estado de conservación da Senda da Pedra Santa (Tui) -coincidente en case toda a súa extensión coa ZEC das Gándaras de Budiño-, preséntase un catálogo da flora vascular que inclúe 243 especies (terrestres e helófitas) de 177 xéneros e 71 familias. Xunto con isto, elabóranse unha serie de mapas dos usos do solo e os impactos potenciais na zona e realízase a análise dos datos onde se calcula a riqueza específica como medida da diversidade alfa e o coeficiente de similitude de Jaccard para os transectos da Senda. O tramo da ZEC preto de zonas de policultivos de autosustentación e vide é o que conta con máis diversidade mentres que o que se atopa baixo a ZEC, sen aparentes impactos, é o que conta con máis especies especialistas típicas de bosques de ribeira, o ecosistema orixinal. Constátase o beneficio da figura de protección na conservación da biodiversidade da zona. Tamén se evidencian diferencias no estado ecolóxico das partes da senda, existindo unha presión negativa dos cultivos no tramo máis próximo a estes (efecto de borde). Ademais, os resultados suxiren que tanto o paso da estrada PO-342 como os cultivos constitúen vía de entrada de especies exóticas invasoras.

Keywords