Revista Galega de Economía (Jun 2018)

O AEDL COMO INSTRUMENTO DO DESENVOLVEMENTO LOCAL EN GALICIA. ANÁLISE DO SEU PERFIL

  • Marta CAMINO SANTOS,
  • Francisco-Jesús FERREIRO-SEOANE,
  • Manuel Octavio DEL CAMPO VILLARES

DOI
https://doi.org/10.15304/rge.27.1.5236
Journal volume & issue
Vol. 27, no. 1

Abstract

Read online

O axente de emprego e desenvolvemento local (AEDL) xorde na década dos 80, debido á crise económica que daquela predominaba en España. Hoxe en día, converteuse nunha peza chave para as administracións públicas e outras institucións onde realizan o seu labor profesional cuxas funcións principais son a dinamización económica do territorio, fomentar el crecemento económico da zona e o desenvolvemento local, e que isto se traduza nun incremento do emprego e nunha mellora das condicións de vida das áreas xeográficas onde afecte a súa actuación. O presente estudo ten como obxectivo a análise da figura do axente de emprego e desenvolvemento local, así como das políticas de desenvolvemento local e promoción económica. A continuación, identificarase o AEDL en Galicia dende a súa orixe realizando un estudo na súa traxectoria profesional ata a actualidade. Analizarase o perfil do AEDL galego: xénero, idade media, nivel de estudos, custo laboral anual medio para a entidade, tipo de contrato, funcións realizadas. Finaliza o estudo coas conclusións obtidas na análise.

Keywords