Revista Galega de Economía (Nov 2015)
A PROTESTA AGRARIA DA BURGUESÍA AGROPECUARIA NA ARXENTINA CONTEMPORÁNEA. CONCENTRACIÓN DA PRODUCIÓN, RENDA DA TERRA E UNIDADE CORPORATIVA DA BURGUESÍA AGROPECUARIA, 1970-2008
Abstract
Recentemente Arxentina viuse sacudida por un intenso proceso de mobilización da súa burguesía agropecuaria. Durante todo un ano, 2008, o país estivo pendente deste conflito, no que as corporacións agropecuarias se enfrontaron con virulencia contra o goberno nacional. A protesta agropecuaria non é nova, e dinos moitos das bases sobre as que se sustenta a economía nacional. Neste artigo faremos un percorrido polos principais conflitos que implicaron a esta fracción da clase dominante ao longo do século XX, prestando especial atención aos cambios e continuidades sofridos polo fenómeno. Intentaremos, a partir deste percorrido histórico, explicar non só os determinantes dos conflitos recentes, senón tamén algúns dos elementos que axudan a comprender o rumbo da economía arxentina e as súas crises máis recentes.
Keywords