Revista Galega de Economía (Sep 2013)
Desigualdade e crecemento económico: círculos viciosos ou virtuosos?
Abstract
As relacións entre desigualdade e crecemento económico foron obxecto dun amplo debate conceptual e empírico que se prolongou ao longo do tempo sen alcanzar un consenso. O efecto do crecemento sobre a desigualdade foi estudado por Kuznets (1955), cuxa hipótese postula que a desigualdade aumenta inicialmente co crecemento para posteriormente diminuír tras un punto de retorno. Este modelo de U-invertido foi estendido por Anand e Kanbur (1993), e o seu contraste empírico conduce a conclusións dispares segundo a información, os indicadores e os métodos empregados. Con respecto ao impacto da desigualdade sobre o crecemento, os traballos de Lewis (1954) e Kaldor (1956) defenden a existencia de efec-tos positivos, mentres que os de Alesina e Rodrick (1994), Persson e Tabellini (1994) ou Deininger e Squire (1998) postulan relacións negativas. Dado que a diversidade de hipóteses e resultados empíricos impide obter conclusións sobre a existencia de círculos viciosos ou virtuosos entre desigualdade e crecemento, neste traballo proporcionamos nova evidencia incorporando á análise a renda nun dobre sentido: como criterio de clasificación de países e, desde unha óptica socioeconómica, distinguindo entre a desigualdade relativa a rendas baixas e altas.
Keywords