Cadernos de Fraseoloxía Galega (Jun 2017)

Sinónimos fraseolóxicos no corpus e no dicionario / Phraseological Synonyms in Corpus and in Dictionary

  • Irina Parina

Journal volume & issue
no. 17
pp. 109 – 132

Abstract

Read online

Este artigo trata de comprobar se unha análise baseada en corpus de sinónimos fraseolóxicos pode conducir a unha descrición lexicográfica precisa. Tomarase como base para a obtención de datos o corpus de referencia do alemán DeReKo do Institut für Deutsche Sprache Mannheim. Analizaranse as locucións alemás do campo semántico TADEL (CRÍTICA) que en obras lexicográficas tradicionais se presentan frecuentemente co mesmo significado ou moi parecido. O estudo ten en conta especialmente os significados actuais e a estrutura das locucións, así como calquera modificación sintáctica como a transformación a pasiva, a conxugación de formas persoais do verbo ou as combinacións con atributos adxectivos e adverbiais. A análise do corpus mostra que as locucións de significado próximo se caracterizan por peculiaridades no seu uso. Nalgúns casos, estas peculiaridades teñen unha explicación, aínda que case ningunha é previsible. Polo tanto, sería recomendable incluír no dicionario comentarios sobre as peculiaridades sintácticas e pragmáticas das locucións. Nalgunhas ocasións, tamén se poden realizar conclusións sobre as características semánticas das locucións tendo en conta as peculiaridades no uso destas que permitan que as descricións lexicográficas sexan máis exhaustivas. Estas distincións tamén son importantes para a lexicografía bilingüe, así como para a fraseodidáctica no ensino de linguas estranxeiras. // The subject of the following paper are German idioms of the semantic field DISAPPROVAL usually described in dictionaries as absolute synonyms. The aim of the study is to find out whether there are any significant differences between these idioms by analyzing their usage in contexts from the German reference corpus DeReKo. The paper considers the meaning and inner form of phraseological synonyms as well as such syntactic modifications as passivation, constructing personal forms of the verb, combinations with adjectives and adverbial modifiers. Corpus analysis shows that idioms of the same semantic field differ under these aspects. Therefore, detailed comments on the syntactic and combinatorial properties of the idioms are necessary in dictionary to provide for their confident usage. Besides, some of the observed properties allow to make conclusions about the semantic and pragmatic features of idioms, which could also be mentioned in the dictionary to make the lexicographic descriptions of idioms more detailed and differentiated.

Keywords