Revista Galega de Economía (Dec 2016)
A TRAMITACIÓN AMBIENTAL DE NOVOS ESTABLECEMENTOS NA COMUNIDADE AUTÓNOMA GALEGA DESPOIS DA LEI 9/2013 DO EMPRENDEMENTO E DA LEI 21/2013 DE AVALIACIÓN AMBIENTAL
Abstract
No ano 2013 aprobáronse a Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental e a Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia, que supoñen un cambio na normativa para a formulación de novos establecementos nesta Comunidade, en función do impacto ambiental que provocarán; a estes dous documentos normativos debénselle engadir a necesidade do cumprimento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación para actividades que emitan elevadas cantidades de gases contaminantes. Neste artigo realizamos unha análise das tres leis, así como unha explicación de como resulta o procedemento de autorización de novos establecementos na actualidade na Comunidade Autónoma de Galicia.
Keywords