Revista Galega de Economía (Oct 2012)

Leccións da crise. Cara un novo enfoque na análise do proceso de endebedamento empresarial

  • Begoña Álvarez García,
  • Lucía Boedo Vilabella,
  • Dolores Lagoa Varela

DOI
https://doi.org/10.15304/rge.21.Extra.429
Journal volume & issue
Vol. 21, no. Extra

Abstract

Read online

Un dos aspectos cruciais da actual crise é o excesivo endebedamento adquirido polos diversos axentes da economía. Chama a atención que no período de expansión, no que a dé-beda asumida ía aumentando, non se alertara de forma perceptible desde os ámbitos académi-co, institucional e divulgativo sobre o risco que se estaba asumindo e as súas consecuencias. Isto permite concluír que unha das leccións da crise é que o tratamento do estudo do proceso de endebedamento non foi o adecuado. Neste traballo descríbense os diferentes enfoques des-de os que se analizou o endebedamento e séntanse as bases para propoñer un novo enfoque que integra e amplía os anteriores. O traballo finaliza coa presentación dun estudo empírico so-bre a evolución temporal do endebedamento empresarial en España e a súa comparación con diversos países da súa contorna.

Keywords