Revista de Estudios e Investigación en Psicología y Educación (Dec 2015)

Itinerario de Competencia Dixital: o nivel avanzado

  • Eduardo Rodríguez-Machado,
  • Emilio J. Veiga-Río,
  • Mercedes González-Sanmamed

DOI
https://doi.org/10.17979/reipe.2015.0.13.599
Journal volume & issue
no. 13

Abstract

Read online

Este artigo está enmarcado dentro do itinerario de competencia dixital (nivel avanzado) proposto pola Comisión TIC da rede permanente de formación do profesorado da Consellería de Educación de Galicia. Este curso desenvólvese totalmente en rede sen que exista previsión de ningunha sesión presencial. Sabemos que a tarefa de titoría resulta polo tanto moi importante no bo funcionamento do mesmo. Pretendemos explicar cómo funciona os itinerarios de competencias dixitais dende o perfil do titor do curso. O asesoramento no funcionamento da Plataforma, as axudas na resolución de dificultades, as correccións e as avaliacións serán tarefas primordiais no traballo do titor. O obxectivo principal de todo este proceso de formación é o de mellorar as competencias dixitais do profesorado e facilitar a mellora da calidade do ensino fomentando a aplicación práctica desta formación adquirida.

Keywords