Revista Galega de Economía (Jun 2018)

INTERNACIONALIZACIÓN E RESPONSABILIDADE SOCIAL CORPORATIVA DA BANCA ESPAÑOLA EN AMÉRICA LATINA

  • Pablo Rodríguez-Gutiérrez,
  • Fernando Fuentes-García,
  • Sandra Sánchez-Cañizares,
  • Mercedes Luque-Vílchez

DOI
https://doi.org/10.15304/rge.27.1.5228
Journal volume & issue
Vol. 27, no. 1

Abstract

Read online

Os procesos de liberalización económica acontecidos tanto en Europa como en América Latina fixeron que o sector financeiro español elixa estas rexións para expandir a súa actividade. Ao adquirir unha dimensión internacional, a banca española adoptou un papel de liderado. Este feito, unido ao xa de por si importante papel que xogan as finanzas para o desenvolvemento da economía fai que sexa necesario que estas entidades desenvolvan a súa actividade de maneira responsable. Este traballo analiza a xestión dos aspectos sociais e medioambientais por parte da banca española, concretamente analízase o caso do comportamento social e medioambientalmente responsable do Banco Santander e BBVA no seu proceso de internacionalización. Próbase neste estudo que as iniciativas concretas que xurdiron coa finalidade de fomentar a institución da RSC nas entidades financeiras son moi heteroxéneas entre elas. Malia estar asistindo nos últimos anos a un impulso no número de publicacións relativas á RSC, a meirande parte ocúpase dos impactos internos das operacións bancarias, así como das actividades de tipo filantrópico.

Keywords