Cadernos de Fraseoloxía Galega (Jan 2014)

Fraseodidáctica: a fraseoloxía para a didáctica / Phraseodidactics: phraseology for didactics

  • Larissa Timofeeva

Journal volume & issue
no. 15
pp. 393 – 410

Abstract

Read online

Neste artigo preténdese ofrecer unha visión distinta sobre o tratamento dos contidos fraseolóxicos na clase de lingua estranxeira (LE). Asumindo o carácter holístico da linguaxe, as unidades fraseolóxicas (UUFF) concíbense como elementos inherentes á comunicación verbal, o que reafirma a súa importancia no proceso de formación da competencia comunicativa nunha LE. Con atención ás concepcións modulares da noción de competencia comunicativa (Canale 1983), por un lado, e de significación fraseolóxica (Timofeeva 2012), polo outro, proponse partir da fraseoloxía para incidir no desenvolvemento de diversas subcompetencias da competencia comunicativa. Para isto, indágase na configuración e o funcionamento do significado fraseolóxico que, segundo se defende neste artigo, conforma un conxunto de informacións de diversa índole que se articulan en dous niveis, o semántico e o pragmático. As conexións que se establecen entre tales informacións e as subcompetencias comunicativas sentan as bases para un aproveitamento máis eficaz do potencial das UUFF no ensino e na aprendizaxe de LE. // In this article it is offered a different view of the role of phraseology in the foreign language class. Considering the holistic nature of language, phraseological units are conceived as inherent elements in the verbal communication, which confirms its importance in the formation process of the communicative competence in a foreign language. With attention to the modular conceptions of the communicative competence (Canale 1983) and of the phraseological meaning (Timofeeva 2012), it is proposed conceiving the phraseology as a starting point for developing the different parts of communicative competence. As it is explained, phraseological meaning is conformed by several informational chunks articulated in two levels, the semantic and the pragmatic. The connexions between these chunks and the parts of communicative competence allow to use more effectively the phraseological contents for the foreign language learning and teaching.

Keywords