Cadernos de Fraseoloxía Galega (Jan 2013)

A fraseoloxía moncadiana, 2 / The moncadian phraseology, 2

  • Mercè Biosca Postius,
  • Károly Morvay

Journal volume & issue
no. 14
pp. 43 – 62

Abstract

Read online

O artigo continúa a presentación do proxecto de redacción dun Diccionari fraseològic de Jesús Moncada. O primeiro volume, practicamente rematado e que se atopa en fase de revisión, contén unhas 500 expresións non documentadas polos dicionarios cataláns. O material fraseolóxico completo, recollido nunha base de datos informatizada, está formado por 2395 combinacións de palabras de diferente tipo documentadas por 1073 lemas. Segundo o reconto manual o uso destas unidades está ilustrado cun total de 6449 exemplos que proveñen de tódalas obras do autor. Este material ademais de facilita-la comprensión e a tradución dos textos do autor ha de servir tamén para a caracterización da fraseoloxía moncadiana. Aquí preséntanse uns primeiros datos estatísticos que poden servir para esta finalidade. Os datos confirman a impresión subxectiva de que as obras de Moncada son moi ricas en fraseoloxía. Esta riqueza maniféstase non só no feito de que nos textos abunden os fraseoloxismos, senón tamén na acumulación de varias expresións dentro dunha mesma frase. Outro trazo característico da prosa de Moncada consiste na presenza do territorio –en determinados topónimos ou elementos característicos da topografía e/ou do clima da zona- e as referencias ó traballo dos llaüters 2 no léxico e a fraseoloxía das obras. A análise da fraseoloxía moncadianacomplétase cun primeiro intento de adaptación dun dos criterios do exame da idiomática de autor: o da categoría chamada unidades autoriais propiamente ditas, proposto por Baránov e Dobrovol’skij (2009). // The paper is part of the ongoing Diccionari fraseològic de Jesús Moncada project.. The first volume, almost finished and now in verification, contains about 500 expressions not registered in Catalan dictionaries. The complete phraseological material, saved in a computer database, contains 2395 different word combinations with 1073 keywords. According to manual counts, these combinations are augmented by 6449 examples, taken from all the author’s works. This material, apart from facilitating understanding and translation, is also useful for describing Moncadian phraseology. In this article, we focus on the latter aim and present our first statistical information, which supports the subjective impression of the phraseological wealth in Moncada’s works. This is evident not only in the large number of phraseologisms but also in the accumulation of expressions in the same sentence. Other features of Moncada’s prose are the presence of territory—in names for places, topographical elements, and climactic details—and the lexical and phraseological references to boatmen’s labour. Our analysis of Moncadian phraseology concludes with a first attempt at adaptation of the so-called “authorial units” category proposed by Baránov and Dobrovol’skij (2009).

Keywords