Revista Galega de Economía (Dec 2018)

O NON CUMPRIMENTO DA LEI DE GIBRAT EN ECONOMÍAS EN DESENVOLVEMENTO: O CASO DE ECUADOR NO PERÍODO 2000-2013

  • Luis Enrique SIMBAÑA-TAIPE,
  • María Jesús RODRÍGUEZ-GULÍAS,
  • David RODEIRO-PAZOS

DOI
https://doi.org/10.15304/rge.27.2.5660
Journal volume & issue
Vol. 27, no. 2

Abstract

Read online

Ecuador foi un dos países latinoamericanos que experimentou cambios significativos no campo social e económico nas últimas décadas, converténdose nunha das economías máis importantes da rexión. Por iso, resulta relevante coñecer as relacións existentes entre o tamaño e a taxa de crecemento das empresas deste país. Este traballo realiza a súa achega ao contrastar a lei de Gibrat cunha mostra de 25.179 empresas de todos os sectores económicos para o período 2000-2013. Aplicamos o método xeneralizado dos momentos en dous modelos de crecemento e utilízase como medida de crecemento as vendas e o emprego. As descubertas obtidas indican que as taxas de crecemento das empresas grandes son menores cás das pequenas. Ademais, a idade ten unha relación non linear, xa que namentres que nos seus primeiros anos de vida a relación é negativa, a determinada idade cambia a positiva. Esta investigación achega evidencias para a orientación da política pública en países que se atopan en desenvolvemento. Abstract: Ecuador is of the Latin American countries experiencing significant changes in the social and economic field in recent decades, becoming one of the most important economies in the region. Therefore, it is relevant to know the existing relationships between the size and growth of companies in this country. This study accomplishes this by contrasting Gibrat's law in a sample of 25,179 companies from all economic sectors for the period 2000-2013. We apply the generalized method of moments in two growth models and it is used as a measure of growth regarding both sales and employment. Findings show that the growth rates of large companies are lower than those of small companies. In addition, age has a non-linear relationship, while in the first years of life the relationship is negative, at a certain age changes to positive. This research provides evidence for the orientation of public policies in developing countries.

Keywords