Revista Galega de Economía (Jun 2013)
A Ribeira Sacra como destino turístico: análise desde a perspectiva dos seus visitantes
Abstract
A Ribeira Sacra é unha zona esencialmente rural que engloba municipios nas dúas provincias interiores de Galicia. Nesta contorna espacial desenvolvemos unha investigación de campo para describir o perfil dos visitantes e coñecer a avaliación que realizan sobre a calidade dos servizos proporcionados polas empresas e sobre outros recursos da zona. As conclusións pretenden contribuír a mellorar a estratexia de comercialización deste destino turístico.
Keywords