Revista Galega de Economía (Sep 2013)
Unha visión rexional da pobreza en España no marco da crise económica actual
Abstract
Este artigo pretende achegar unha visión rexional da pobreza en España desde a perspectiva da Estratexia Europa 2020 facendo fincapé nos cambios derivados da crise económica. Esta análise realízase tomando como marco o obxectivo de crecemento inclusivo que fixa a Estratexia Europea 2020 (EU2020S), adoptada formalmente pola Unión Europea no ano 2010, para reducir os niveis de pobreza e exclusión social. O estudo de trece indicadores socioeconómicos a nivel de comunidades autónomas (CC.AA.) e a identificación de relacións entre os indicadores socioeconómicos da Estratexia 2020 permitiu: i) situar España e as súas comunidades autónomas no contexto europeo, ii) poñer en evidencia cambios no contexto social derivados da actual crise económica, iii) identificar relacións entre as variables estudadas, e iv) propoñer clústeres de rexións segundo a súa distancia aos obxectivos da Estratexia 2020.
Keywords