Revista Galega de Economía (Dec 2016)
A PROBLEMÁTICA DO DESEÑO DAS POLÍTICAS DE MITIGACIÓN NO SECTOR AGRARIO
Abstract
A loita contra o cambio climático implica elaborar as políticas e medidas de redución de emisións ou o fomento dos sumidoiros e o sector agrario é un dos sectores económicos para o que hai que establecer políticas de mitigación. O inventario de gases de efecto invernadoiro (GEI) de cada país é un dos documentos chave para o deseño das políticas de mitigación xa que nos permite coñecer as fontes produtoras e a cantidade emitida por cada unha, así como os potenciais de sumidoiro dos cultivos e solos agrarios. Neste traballo, mediante unha análise comparada de diferentes propostas de medidas de mitigación para o sector agrario elaboradas no ámbito europeo, internacional (FAO) ou nacional e outras propostas de países de agricultura avanzada, como Nova Zelanda, amósanse as dificultades de acadar que o deseño desas políticas e medidas sexa efectivo, que se reflicta contablemente no inventario de GEI de cada país e que, ademais, signifique reducións a nivel de explotación agraria. Desenvólvese un exemplo de política de mitigación mediante a análise do subsector leiteiro europeo.
Keywords