2i Revista de Estudos de Identidade e Intermedialidade (Jun 2024)
A familia sometida a un exercicio de enxeñería conceptual
Abstract
Contra-relatar a idea de familia, ou incluso falar de abolila, semella un imperativo a recuperar fronte a todas esas violencias que acompañan as loitas polas liberdades das disidencias sexuais e de xénero. Ademais de polas demandas, pasadas e presentes, de outras formas de estar no mundo e relacionarse, á marxe dos itinerarios vitais cisheterosexuais monógamos; aínda que nada haxa máis importante que a familia. Sábese que hai algo que asusta cando se fala de abolición, tal como reflexiona Lewis (2023); porque isto obriga a un desafío senti-mental bastante aterrador: “pero, se eu quero á miña familia!”. O presente traballo pretende, a través dun exercicio de enxeñería conceptual, analizar a familia, recordando que os significantes non son esenciais, senón simples obxectos de acción, ferramentas que producimos para afrontar a realidade e, por tanto, elementos susceptibles de avaliación e, segundo o caso, de reparación. Nun momento no que o concepto de familia parece non funcionar, propoñemos unha reflexión favorable á postura abolicionista, sobre os seus límites e naufraxios, acompañada dunha proposta de intervención socioeducativa, enmarcada nunha pedagoxía queer dos afectos, resultado de repensar ese lugar ao que pertencer, onde sentirse a salvo e fabricar mundo.
Keywords