Revista de Filología Románica (Jul 2010)

As formas camín e chen en galego e asturiano: solucións supra-rexionais, solucións rexionais e contínuum xeolectal

  • Francisco DUBERT GARCÍA

Journal volume & issue
Vol. 27, no. 0
pp. 29 – 58

Abstract

Read online

Este traballo pretende ilustrar os problemas de clasificar como pertencentes a unha lingua os trazos dialectais compartidos por varias. Con este fin, analízanse os resultados romances dos grupos latinos -INU e - ENU no noroeste da Península Ibérica desde unha perspectiva xeolingüística. Para superar os problemas detectados, úsanse como ferramentas conceptuais as nocións de solución supra-rexional e solución rexional tomadas de Diego Catalán (1956-57/1957-58), así como a de contínuum xeolectal propia da xeografía lingüística. Deféndese unha mesma evolución para para -INU e -ENU nas falas catalogables como galegas e nas catalogables como asturianas, estendida por procesos de difusión; do mesmo xeito, tenta demostrarse a inconveniencia de afirmar a existencia de trazos asturianos nas falas galegas ou de trazos galegos nas falas asturianas.

Keywords