Revista Galega de Economía (Jun 2018)
COMPETITIVIDADE, PRODUTIVIDADE E TIC. UNHA ANÁLISE EMPÍRICA PARA O SECTOR QUÍMICO CATALÁN
Abstract
O principal obxectivo deste traballo é argumentar como a utilización das TICs (Tecnoloxías da Información e da Comunicación) por parte das empresas do sector químico catalán proporciona unha mellora da produtividade e, como consecuencia, da competitividade empresarial (Díaz-Chao e Torrent-Sellens, 2010). A partir dos datos para unha mostra do sector químico catalán (82 empresas) realízase a estimación da produtividade total dos factores (PTF) incluíndo a variable TIC para o período de tempo comprendido entre 2010 e 2015, a fin de determinar a influencia que ten esta variable na competitividade internacional das empresas. É por iso que para construír o panel de datos utilízanse os microdatos extraídos da base de datos Sistema de Análises de Balances Ibéricos (SABI), publicada por Bureau van Dijk Electronic Publishing (BvDP). Os resultados obtidos evidencian unha relación positiva entre a utilización das TICs e a produtividade, que segue de preto o ciclo económico internacional, así como a existencia dunha relación entre mellora de produtividade e internacionalización.
Keywords