Cadernos de Fraseoloxía Galega (Feb 2021)

A extracción de información fraseolóxica no CORGA: 3 actividades iniciáticas e 10 propostas para levar á aula / The extraction of phraseological information in CORGA: 3 initiatory activities and 10 proposals to take to the classroom

  • Eva María Domínguez Noya,
  • María Sol López Martínez

Journal volume & issue
no. 20
pp. 41 – 65

Abstract

Read online

Nesta contribución describimos polo miúdo o funcionamento da ferramenta de recuperación de información do Corpus de Referencia do Galego Actual (CORGA) mediante a realización de 3 actividades iniciáticas deseñadas especificamente para a extracción de unidades fraseolóxicas: a fume/lume de carozo, falar os sete falares e similares e mais ir/vir ó/ao pelo. Ofrecemos logo dez propostas para levar ás aulas nas que se explota o corpus cunha dobre vertente: facilitar que o alumno/usuario adquira as destrezas precisas para a consulta de corpus, en relación coas TIC, e a didáctica de aspectos lingüísticos como son variación, sinonimia, eufemismo, rexistros e niveis de lingua, estruturas atípicas, sentido literal e sentido figurado etc., onde as expresións empregadas se rexistran en textos naturais inmersas na secuencia completa, o que resulta instrutivo e ameno. A modo de conclusión, os corpus constitúen unha fonte valiosa para a obtención de material fraseolóxico, así como para a didáctica da lingua, tanto para a elaboración de exercicios como para a explicación de múltiples fenómenos localizados en textos reais. // In this contribution we briefly describe the operation of the Corpus de Referencia do Galego Actual (CORGA) information retrieval tool through 3 introductory activities specifically designed for the extraction of phrasemes: a fume/lume de carozo, falar os sete falares and similar, and also ir/vir ó/ao pelo. Afterwards we suggest ten proposals to be practised in the language classrooms in which the corpus is used with a twofold purpose: to enable the student/user to acquire the necessary skills to consult the corpora with regard to ICT, as well as the didactics of linguistic aspects such as variation, synonymy, euphemisms, language registers and levels of usage, atypical structures, literal and figurative sense, etc. Here, the expressions used are found in natural texts embedded in the complete sequence, which seems to be instructive and enjoyable. As a conclusion, corpora represent an important source for the collection of phraseological material, as well as for language didactics, both in the elaboration of exercises and in the explanation of multiple phenomena occurring in real texts.

Keywords