Recursos Rurais (Feb 2020)

A árbore da discordia. Efectos do eucalipto sobre os recursos hídricos, solos e biodiversidade en Galicia

  • Francisco Díaz-Fierros Viqueira

DOI
https://doi.org/10.15304/rr.id6621
Journal volume & issue
no. 15

Abstract

Read online

Realízase unha revisión dos traballos de investigación sobre a influencia das plantacións de eucaliptos en Galicia nos recursos hídricos, solos e biodiversidade. Conclúese que estes efectos poden ser importantes baixo determinadas circunstancias pero que existen diferentes tipos de manexo da masa forestal, así como de elección do sitio que permiten minimizar o seu impacto. É posible, en consecuencia e con determinadas limitacións, continuar coa expansión destas plantacións. A conflictividade social desta árbore non se verá atenuada soamente con estudos científicos, é necesario tamén promocionar a participación pública e promover actividades e debates nos que se teñan en conta os aspectos sociais e psicolóxicos da problemática.

Keywords